Os exteriores do pavillón municipal de Zas acolleron onte pola mañá a 13ª xornada da Liga Galega de Billarda que reuniu a un bo número de xogadores e xogadoras de toda a comunidade.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, foi o encargado de realizar a entrega dos trofeos e dos agasallos doados polo Concello de Zas e aproveitou a ocasión para “abrir as portas do noso concello a vindeiras citas deste deporte tradicional”.
Esta foi a clasificación:
ABSOLUTA
- Campión: Viqueira (Cochiqueiros – Cerceda)
- Subcampión: Kiko (Billarda Río Miño – Castro de Ribeiras de Lea)
- Terceiro clasificado: Alberte (Cochiqueiros – Cerceda)
FEMININA
- Campiona: Merche (APB – A Laracha)
- Subcampiona: Irene (Cochiqueiros – Cerceda)
- Terceira clasificada: Esther (Cochiqueiros – Cerceda)
INFANTIL
- Campión: Adrián (Billarda Río Miño – Castro de Ribeiras de Lea)
- Subcampiona: Noa (Campo da Feira – Paiosaco)