Despois de dous anos de parón, debido á situación sanitaria provocada pola Covid-19, o vindeiro 4 de xuño volve un dos eventos deportivos máis agardados: a VII Carreira Pedestre do Concello de Zas.
A cita forma parte do 7º Circuito Correndo Pola Costa da Morte composto por dez carreiras que se disputan noutros tantos municipios. Teresa Castro Villaverde é a madriña desta edición.
As probas da VII Carreira Pedestre Concello de Zas disputaranse en horario de tarde e, como vén sendo habitual, haberá diferentes categorías. Estes son os horarios:
- 16:30 horas: Benxamín
- 16:45 horas: Alevín
- 17:30 horas: Absoluta 3K Contra o Cancro
- 17:32 horas: Infantil, cadete e Xuvenil
- 18:15 horas: 10K Sénior, M40 e M50
- 19:30 horas: Pitufos
O punto de saída e de chegada de todas as probas estará ubicado na praza do Concello de Zas. Aquí será tamén a entrega dos trofeos que se realizará ao remate de cada unha das probas. Os circuitos discorrerán por diferentes parroquias do noso municipio pasando por algúns dos lugares máis emblemáticos combinando tramos de pista de terra con asfalto.
Inscricións
As inscricións en cada unha das probas pode realizarse a través da páxina web www.correndopolacostadamorte.com. O prazo remata o 29 de maio ás 23:59 horas e o custe é de 8€ + 1€.