Xa está aquí o programa de actividades 2023/2024 con propostas deportivas, culturais e dixitais para toda a veciñanza

09/25/2023

 

O vindeiro 16 de outubro porase en marcha o Programa de Actividades 2023/2024 deseñado polo Concello de Zas no que se inclúen actividades deportivas, culturais e dixitais para toda a veciñanza. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca que “este é un programa que se deseña con moito mimo e no que se combina ocio, cultura e deporte conseguindo unha gran implicación da veciñanza”.

Coma sempre, no programa inclúense diferentes actividades que promoven a actividade física e o deporte con opcións tanto para a rapazada como para as persoas adultas. Zumba e aróbic, ximnasia terapeútica, ximnasia de mantemento e ioga e pilates son as propostas para o público adulto. Mentras que os nenos e nenas poderán elixir entre multideporte, fútbol, taekwondo, patinaxe, baloncesto e judo. Tamén haberá tiro con arco e tenis de mesa tanto para adultos como para nenos. 

Ao longo destes meses tamén haberá outras actividades culturais e que fomenta a creatividade dirixidas ao público adulto como bordado e ganchillo, macramé, arreglos florais, manualidades, cestería e restauración de mobles. E outras que ano tras as ano son un éxito: cociña , enxerto e poda e taller de memoria. Tamén seguiremos ofrecento tanto para o público infantil como para o adulto actividades como teatro, música e xadrez.

Este ano tampouco faltarán as actividades dixitais tales como o manexo do móbil para as persaos adultas (nivel básico e nivel avanzado) e un curso de robótica e gaming para o público infantil. 

Tanto o horario de cada unha das actividades coma o prezo das mesmas pódese consultar no tríptico que anexamos e que estará a disposición da veciñanza nos diferentes edificios municipais. 

Inscricións

Para participar en calquera das actividades será necesario anotarse previamente a partir de mañá, luns, no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056). Unha vez confirmada a praza realizarase o pago da mesma. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Zas e as non empadroadas serán admitidas sempre e cando haxa prazas vacantes.