Volve o baile para maiores con música en directo ao Centro Sociocultural de Zas

10/04/2022

Despois do parón motivado pola pandemia mundial, este sábado arranca o programa de Baile Social posto en marcha polo Concello de Zas. Coma sempre cada sábado contaremos no Centro Sociocultural de Zas con música en directo entre as 20:00 e as 23:00 horas e, ao igual que nas anteriores edicións, a entrada é de balde. Este sábado, 8 de outubro, contaremos coa actuación do grupo Blanca Doble.  

Esta semana tamén arrancou o programa de actividades culturais, deportivas e dixitais para este 2022-2023. E precisamente son as dirixidas aos nosos maiores algunhas das que teñen máis aceptación, tales como os talleres de memoria e a ximnasia terapéutica.