Volve “Baio ten a pelota” con descontos, ruta de pinchos, artesanía, animación e 1.500 euros en premios

05/10/2023

 

Practicamente a totalidade dos establecementos hostaleiros e comerciais de Baio e de A Piroga (Concello de Vimianzo) participan na campaña  “Baio ten a pelota”, organizada nesta ocasión polo Concello de Zas.

Durante tres días (12, 13 e 14 de maio) nos comercios atoparemos importantes descontos en roupa de tempada e o sector hostaleiro ofrecerá unha variedade de tapas que se poderán degustar por 2,5€. Ademais da oferta comercial e gastronómica local, na rúa Bispo Romero Lema instalaranse uns quince postos de moda, complementos, artigos para o fogar e artesanía.

A vila comeza a estar decorada para a ocasión con bandeirolas e con pelotas amarelas colgadas nas fachadas dos establecementos participantes. Todo un anticipo da festa e do ambiente que haberá en Baio durante estes tres días. E co fin de promover o comercio local, o Concello de Zas ten programadas as seguintes actividades:

  • Animación musical nas rúas 
  • Inchables e xogos infantís na Praza Jorge Mira Pérez
  • Talla con motoserra na Praza Jorge Mira Pérez
  • Teatro no Auditorio de Baio (sábado, 21:00 horas)

Compras con premio

A todo esto hai que sumarlle os 1.500€ – un 50% máis que nas pasadas edicións – que se repartirán en premios en metálico (un premio de 1.000 euros e outro de 500€) e que se sortearán entre todas aquelas persoas que consigan catro cuños de compra nos establementos participantes. 

O Concello de Zas asumiu a organización desta campaña de promoción do comercio local debido á falta dun equipo directivo que dirixa a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, entidade impulsora desta exitosa actividade.

Estes son os comercios participantes:

  • Cristalería Fornelos
  • Panadería Caión
  • Estación de Servizo Eni
  • Garka Interiorismo
  • Pinturas Avicor
  • Bazar Baio
  • Comercial Santi
  • Elías Asesores
  • Inmobiliaria Elías
  • Mapfre
  • Electrodomésticos Javi Díaz
  • Modas Valiña
  • Perfumería Complementos
  • Muebles Orva Decoración
  • Tanara Moda Infantil
  • Axa Seguros
  • Modas Lucry
  • Seguros Reale
  • Quiero Tejanos
  • Calzados Paco (home e muller)
  • Ferretería Alquibaio
  • Textiles Isabel
  • Foto Fuentes
  • A de Ale
  • Óptica Arjomil
  • Fisioterapia Vértebra
  • Peluquería Pintiña
  • Vístete Moda
  • Relojería Fuentes
  • Todo a 100
  • Fanatik
  • Parafarmacia Horizonte
  • Farmacia Central
  • Floristería Costa Flor
  • Frutería Gavín
  • Calzados Varela
  • Rapaciños Moda Infantil
  • Modas Mira
  • Floristería Junquillos
  • Lencería Marta
  • Joyería Ramos
  • Muebles Galicia
  • Clínica Novás
  • Calzados Yolanda 
  • Panadería Manolo
  • Mirabela
  • Supermercado Erosky
  • ArtyMobel
  • Distribucións Vilariño
  • Ana Antelo Avogada
  • Husqvarna Bosque y Jardín
  • Peluquería Noelia
  • Estética Adri
  • Peluquería Marina
  • Agencia AM
  • Clínica Gaudi
  • Tintoreía FrescorSec
  • Peluquería Miguel

Hostalería:

  • Casa Rogelio
  • Bar Trébol
  • Cervecería Río Grande
  • A Bulla
  • O Calvario
  • Raxería Os Arcos
  • Cafetería O Hórreo
  • Pastelería Guindas
  • Restaurantes A Lareira
  • Parillada Montreux