Esta mañá remataron os obradoiros de Nadal nos que participaron uns 100 nenos e nenas de todo o municipio.
Como vén sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Zas incluíu dentro da programación os “Obradoiros Zas Nadal” con tres quendas diferentes que se desenvolveron nas Torres do Allo, no Centro Sociocultural de Zas e no Centro Sociocultural de Baio. “Esta é unha proposta totalmente gratuíta para as nosas familias coa dende o Goberno Municipal de Zas pretendemos facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.
Nos campamentos participaron nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Acompañados dun equipo de monitores/as fixeron xogos, obradoiros creativos,… adaptados ás súas idades. O rexedor, Manuel Muíño, acehgouse esta mañá ata o Centro Sociocultural de Baio para desexarlles un feliz aninovo a todos e a todas e agradecerlle a súa participación.
Programación de Nadal
Esta foi unha das propostas que se sumaron ao completo programa de Nadal no que se inclúen actividades culturais e de ocio para todos os públicos e, en especial, para a rapazada.
E aínda quedan moitas actividades por diante! A seguinte será a visita dos Reis Magos para a que temos preparadas unha recepción real en Baio e outra en Zas onde tamén haberá espectáculos infantís e chocolate con churros para todos/as os/as asistentes.