Xa está case todo preparado para a XXIV Festa dos Maiores de Zas; un evento organizado polo Concello de Zas que se recupera despois da crise sanitaria provocada pola Covid-19 e para o que xa están confirmadas unhas 800 persoas.
A festa, que será no pavillón municipal de Zas, comeza ás 12:30 horas coas actuacións dos grupos de baile e música tradicional da Asociación Cultural Adro e da Asociación de Baile Tradicional Churía. Despois do xantar, a festa continuará coa actuación de Judit Cundíns que se encargará de amenizar a sobremesa con música en directo.