Inicio » Servizos sociais

Presentación

Os Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Zas levan funcionando dende hai 16 anos aproximadamente, constituíndo o nivel máis próximo ao usuario e ao seu medio familiar e social.

Teñen por obxecto informar aos cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais así como, orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais especializados.