Recepción no Concello de Zas as campionas do mundo de bachata por parellas

11/24/2022
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e Pilar García, Concelleira de Educación e Promoción Económica, ofreceron onte pola tarde unha recepción oficial ás campionas do mundo na categoría júnior de Bachata por Parellas Alba Mourelle Costa (veciña de Baio – Zas) e á súa compañeira de baile Ashley Sánchez (veciña do Concello de Cee).
 
Durante o acto, Muíño deulle os merecidos parabéns e agradeucelles que levaran o nome de Zas ata o campionato mundial de Bailes Caribeños, celebrado no pasado mes de outubro en Varvosia, así como polas demáis competicións nas que participan. Tamén aproveitou a ocasión para entregarlle uns agasallos institucionais.