Realizado o sorteo dos premios de 500 e 1.000€ da campaña “Baio ten a pelota” para gastar nos comercios do Concello de Zas

05/21/2023

Esta mañá realizouse o sorteo dos 1.500€ correspondentes á campaña “Baio ten a pelota” que tivo lugar a pasada fin de semana e que, nesta ocasión, estivo organizada polo Concello de Zas co fin de incentivar o consumo no comercio e na hostalería local.

O sorteo realizouse nun acto aberto ao público realizado na Praza Jorge Mira Pérez, coincindo coa feira. Dúas mans inocentes foron as encaradas de extraer da urna as dúas tarxetas gañadoras de 500€ e 1.000€ para gastar nos diferentes comercios e locais de hostalería de todo o Concello de Zas. O propio Jorge Mira foi o encargado de conducir o sorteo. 

Dende o Concello de Zas agradecemos a todas as persoas que apostan polo comercio local e que fixeron esta edición de “Baio ten a pelota” fose todo un éxito.