Reabre a Escola Infantil de Zas con máis prazas e servizos tras os traballos de reforma e ampliación nos que o Concello investiu máis de 100.000€

09/08/2022

 

Ao igual que nos últimos anos, o goberno municipal de Zas aproveitou o verán para realizar distintos traballos de mellora nos distintos centros educativos do noso municipio para mellorar os servizos e responder así as demandas das propias direccións dos centros. 

Un dos investimentos de maior relevancia deste ano foi o realizado na Escola Infantil de Zas, pertencente á rede pública A Galiña Azul, onde o Concello de Zas destinou algo máis de 100.000 euros dos seus fondos para reformar e ampliar o edificio co fin de dar resposta á alta demanda de prazas que temos nos últimos tempos e tamén para mellorar a calidade e cantidade dos servizos que se ofrecen.

Os traballos, realizados nun tempo de marca durante o parón do verán e dos que se encargou a empresa Lires Cons, consistiron en principalmente en habilitar a primeira pranta do edificio que, ata o de agora estaba en desuso, co fin de dotar ao centro de máis prazas para dar resposta así a alta demanda dos últimos anos. Desta forma, a Escola Infantil de Zas ten grazas a esta ampliación unha capacidade para 41 nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 3 anos coas que a día de hoxe se cubren todas as solicitudes existentes. O número de prazas ofertadas distribúense da seguinte maneira:

  • De 0 a 1 anos: 8 prazas
  • De 1 a 2 anos: 13 prazas
  • De 2 a 3 anos: 20 prazas

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, aproveitou o inicio do curso para visitar o centro acompañado do Tenente de Alcalde, Óscar Lema. “Hoxe é un día grande para o goberno municipal de Zas, xa que poñemos á disposición da nosa veciñanza un servizo mellorado, máis funcional, máis accesible e cun equipamento moderno”, manifestou Muíño. “É un orgullo que nun concello pequeno coma o noso podamos contribuir á conciliación das nosas familias con máis recursos e mellores instalacións”, engadiu o rexedor. Con estes traballos de ampliación a Escola Infantil de Zas pasa de 28 a 41 prazas ofertadas. 

 Outros traballos

Ademais da reforma da primeira planta do edificio, os traballos incluiron:

  • Cambio de acceso ao edificio pola Travesía de Santiago
  • Instalación dun ascesor 
  • Modificación da pranta baixa para crear un percorrido máis funcional
  • Creación dunha zona de agarda para os pais/nais
  • Aumento da cociña e renovación do mobiliario para dar servizo a un máis nenos/as
  • Realización dun aseo adaptado para os usuarios/as externos ao centro
  • Realización duns vestiarios independentes por sexo
  • Creación dunha sala de descanso para o persoal

O Concello de Zas financiou con fondos propios estas obras que se realizaron despois das xestións realizadas coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.