Inicio » Qué ver » Museo del lino

Museo do liño

Museo del lino

A asociación AMIGOS DO LIÑO, de ámbito provincial, e con sedeno noso concello, ven desenvolvendo desde 1993 un gran labor de recuperación do proceso artesanal que os nosos antepasados realizaban para a obtención da prezada fibra.

Desde a tradición, recuperáronse as ferramentas que se empregaban en cada unha das fases do cultivo e fiado do liño.

Fases:

  • A sementeira en abril
  • A recollida en xullo
  • O lagadosecado
  • O tascado e o espadelado
  • O rastreado
  • A fiada
  • O lavado do fío
  • O tecido.

Ao rematar a fase da fiada facíase unha comida en comunidade como agradecimento a todas as mulleres que fiaban durante o longo inverno, seguidamente celebrábase un baile que as propias fiadeiras organizaban e sobre o que existe un rico folclore que chegou a estar prohibido pola igrexa. Actualmente e recuperada pola asociación AMIGOS DO LIÑO celébrase no mes de Abril esta  ” Comida da Fía ” como un evento cultural de renome que reúne a entidades do mundo económico, socio-cultural de Galicia e público en xeral de diferentes procedencias.

Podemos ver instrumentos recuperados e utilizados na confección do liño como teares, fusos … e unha variada colección de prendas textiles e tecidos en:

  • A Cacharoza – s/n – 15150 Baio – Zas ( A Coruña)
  • O Castelo de Vimianzo – C/ Da Torre s/n  – Vimianzo ( A Coruña)
  • A.V.P. O Santiaguiño de Carreira – Carreira – Zas ( A Coruña) +34 981 75 12 67

No Museo etnográfico localizado nas Torres do Allo podemos observar tamén a vestimenta de liño que vestían as mulleres campesiñas de principios do século pasado nesta zona.