QUE VER
Dolmen A Piosa
O seguinte dolmen corresponde á Arca da Piosa, no Concello de Zas.
Para chegar, deberemos desviarnos ao lugar de Comaneiro e alí coller unha pista de monte que nos leva ata un portal que da a unha explotación forestal. Unha vez atravesado o portal, colleemos a primeira pista á dereita. Despois dun kilómetro, chegamos ao dolmen. Está moi ben conservado pese aos 5000 anos que pode ter.
Manten catro das cinco pedras de cámara poligonal e dúas do pequeño corredor do plano inferior. O corredor é curto e orientado ao este, á saída do sol. Terá 5 metros de lonxitude. Non hai unha diferenciación moi clara entre cámara e corredor nin en planta nin en alzado. Esta arca pesa 35 toneladas polo que se supón que serían precisos, segundo as técnicas da época 110 homes para arrastrala, se o facían sen rodamentos. Esta anta xa era coñecida polos arqueólogos do século XIX. Na súa particular épica o poeta Eduardo Pondal situaba aquí a tumba do guerreiro celta Brandomil.
No Museo do Pobo Galego, en Compostela teñen unha maqueta da Arca da Piosa pero sen ningún resto recollido nela.