Ponse en marcha a 39ª edición da Festa da Carballeira

06/04/2024

 

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial do cartel da 39ª edición da Carballeira de Zas e os artistas confirmados, que deleitarán o público coa súa música os vindeiros 9 e 10 de agosto. O acto tivo lugar na cervexería de Estrella Galicia, en A Coruña.

A presentación fíxose da man do alcalde de Zas, Manuel Muíño, que declarou que “é unha honra ser a representación do concello onde se celebra” o que, para él, “é un dos festivais máis importantes de Galicia” e adulou á organización e o seu traballo “cada ano Castro Meda esmérase traendo a grupos do mellor do folclore galego”. Tamén dotou de valor aos centos de voluntarios que participan, cada ano, para que todo salga perfecto. Loreto Rodriguez Fuentes, responsable de Earned Media en Estrella Galicia, foi a segunda en intervir, quen comezou agradecendo a organización por contar un ano máis con eles. Comentou que “para Estrella Galicia é unha satisfacción seguir apoiando un festival tan local, que se segue celebrando nun entorno natural e tan característico de Galicia”.  

A Vicepresidenta e Responsabel del área de Cultura da Deputación de A Coruña, Natividad de Jesús González Rodríguez, tamén foi unha das voceiras que quixo recalcar o esforzo e traballo das persoas que poñen o corazón e a alma en que salga adiante a festa. Declarou que “dende a Deputación é un pracer traballar cos concellos e as entidades, para festivais como estes que crean comunidade en concellos como Zas”, e cualificou o festival como “unha das mellores festas da comarca”. A quenda chegou ao director do Festival, Fidel Otero, que comezou dando as grazas as institucións e marcas implicadas que o acompañaban na mesa. Destacou que “como festival humilde queremos facernos destacar por iso, por ser fieis as tradicións, e queremos que a Carballeira siga sendo unha festa do pobo, para todos”. En relación aos artistas deste ano, mencionou que é “unha edición con un cartel máis variado musicalmente”.

Ademais, o folclorista e membro de Os do Fondo da Barra, Quique Peón, unha das bandas confirmadas para esta edición, quixo participar nesta presentación apoiando a directiva do festival. Quique estivo moi ligado durante anos coa Carballeira, sendo profesor de baile e canto da Asociación Castro Meda, organizador do festival. Quixo recalcar, ademais “a importancia de que que festivais destas características logren involucrar a un pobo enteiro. Este festival ten unha parte tradicional importantísima, cunha identidade cultural única da zona”.

Patrocinada un ano máis por Estrella Galicia e a Deputación da Coruña, a 39º edición terá o pracer de ter sobre o seu escenario Estrella Galicia o venres a Maneiro, vocalista do grupo de rock galego Herdeiros da Crus, que chega para presentar o seu cuarto disco en solitario, baixo a mensaxe O tempo de ser felis é agora. Xunto a el, grandes grupos que completan un cartel onde a diversidade musical é o principal. A Carballeira de Velar estase a preparar para dar cabida, un ano máis, a milleiros de amantes da música folk e tradicional. Na primeira noite tamén desfrutaremos dun dos máximos expoñentes do rap galego, a banda Rebeliom Do Inframundo, xunto a uns grandes referentes internacionais da fusión e do mestizaxe, Amparanoia y Artistas del Gremio.

O sábado dende ben pronto, gozaremos de actuacións e un ambiente orientado ó público máis familiar como acostuma a ser, habendo a xa tradicional mexilloada popular de balde, gastronomía, mercado artesán, zona infantil, así como sesión vermú. 

As actuacións musicais arrancarán da man do grupo Gramola Gominola que rockeará con todos os cativos, seguidos da artista Guadi Galego. Fanfarria Taquikardia animará a sobremesa, e dará paso a tradicional gran Foliada da man de Brincadeira, Petadores, Pandereteiros O Fiadeiro, as Pandereteiras Xacarandaina e Churía. O grupo De Ninghures cerrará a tarde mostrando ao público a súa gran destreza artística. 

A festa non remata aquí, pois cando chegue a noite, os concertos seguirán no escenario Estrella Galicia da man do grupo Os do Fondo Da Barra, do que forma parte o folclorista Quique Peón; os alemáns The O´Reillys & Paddyhats; seguidos do cantareiro e bailador, Mondra e finalizaremos cos polifacéticos Storrentos.

Venda de entradas

A venda de entradas online xa está aberta, e a día de hoxe centos de persoas xa se fixeron cos seus bonos para a festa, dos cales os máis rápidos conseguiron un prezo mellor gracias a oferta especial de lanzamento, abonos para os dous días a un prezo de 15€ + gastos de xestión. 

A venda online pódense a atopar na páxina oficial da festa, no seguinte enlace https://www.festadacarballeira.com/entradas-es/ e tamén nas propias redes sociais da Carballeira: Facebook e Instagram. 

O prezo regular será: abono de día individual 10€ + gastos de xestión e o abono para os dous días 18€ + gastos de xestión. A venda online de entradas estará aberta ata o día 9 de agosto as 21h, a partir de este momento as entradas poderanse comprar en taquilla, onde os prezos serán de 15€ entrada para un só día, ou 25€ abono para os dous días. 

A Carballeira solidaria

Ao igual que todos os anos, dende a organización da Carballeira faremos unha doazón de 1€ da venta de cada abono vendido online para unha organización sen ánimo de lucro. En esta ocasión, temos a honra de colaborar coa Asociación Ayuda a Superar las Enfermedades Raras, ASER.  A través da recollida de tapóns, actos e campañas en toda a provincia de A Coruña, axudan aos que máis o necesitan. ASER leva 7 anos dando a coñecer a problemática e o descoñecemento xeral que existe sobre as enfermidades raras, que cada vez afectan a un maior número de persoas, mediante a concienciación e a difusión das mesmas.

Con este pequeno xesto, dende a Carballeira queremos apoiar e recoñecer a labor desenvolta por esta Asociación, dándolle visibilidade.

Amosan o seu compromiso apoiando as iniciativas tanto privadas como públicas vinculadas coa difusión e o entendemento desta problemática social. Ademais, poñen a disposición os seus médicos especialistas para axudar a todos os que precisen unha resposta ante as súas inquedanzas e terapias a seguir para levar unha vida o máis plena posible.

Zona de acampada gratuíta 

Como é habitual e como se leva facendo en anteriores edicións, todos aqueles asistentes que queiran acampar en Zas durante os días da festa, contarán con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical). Tamén terán baños e duchas.

Evento familiar

Como todos os anos a tarde do sábado na Carballeira de Zas está pensada para o desfrute de maiores y pequenos, contando con unha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e outras actividades para todos os públicos principalmente para os máis cativos e os maiores da casa.