Os Reis Magos percorren o noso municipio durante dous días e rematarán cunha recepción real en Baio e en Zas nas que repartiremos chocolate con churros

01/03/2024

Dous días necesitarán as SS. MM. Os Reis Magos de Oriente para percorrer os cerca de 100 núcleos de poboación do noso concello. Segundo as previsións, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao Concello de Zas mañá pola mañá e tras unha breve recepción na Casa do Concello iniciarán o seu itinerario acompañados dos seus paxes, dunhas coloridas carrozas e do Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Durante o percorrido entregaranlle un pequeno agasallo a todos aqueles veciños e veciñas cos que se atopen. 

Este é o seu itinerario:

  • Xoves, 4 de xaneiro

De 10:00 a 14:00 horas: San Adrián, A Devesa, Rial de Abaixo, Caberte, Maxín, A Atalaia, Rial de Arriba, Froxán, San Martiño, Vila, Langueirón, A Santa, Fontespiño, Pedra Padreiro, Marán, Campos, A Lagoa, Pudenza, Brandomil, A Calabanda, Padreiro, Quintáns, Limideiro, Currais, A Gris, Borreiros, A Xestosa, Os Pedrouzos, As Abellas, O Couto, A Toxa, O Vilar, A Churía e Meanos

De 15:00 a 18:30 horas: Roma, Rus, Vilar de Lamas, As Edreiras, Berbia, Romelle, Arcar, Loroño, Baizana, Artón, Sandrexo, Vilar, Saconde, Pazos, Quintáns, Andregalla, Penedo, Vilachán, Gomarís e Lamas

  • Venres, 5 de Xaneiro

De 10:00 a 14:00 horas: Vilar do Mato, A Costa, Follente, Rosende, Mira, Ventoselo, Gontalde, Teixidón, Pedramaior, Carreira, Vilaestévez, Gándara, Quintáns, Vilar Ramilo, Parga, Budían, O Sisto Sobreira, O Vilar, San Cremenzo, Castro, As Pereiras, Bermello, Cotón do Muíño, Xerne, A Cebola, Muriño, Regalados, O Pombal e Fornelos

Recepcións reais 

Melchor, Gaspar e Baltasar farán o venres á tarde un percorrido especial polas rúas de Baio e de Zas. 

Está previsto que despois de percorrer Baio se acheguen a iso das 18:00 horas ata a Praza Jorge Mira para facer alí unha recepción real. E para facer aínda máis amena a súa visita, contaremos coa actuación do Mago Paco e repartiremos chocolate con churros. 

Un pouco máis tarde, sobre as 18:45 horas, tamén haberá unha recepción real en Zas, na Praza do Concello. Aquí tamén contaremos cun espectáculo de maxia a cargo do Mago Noel e repartiremos chocholate con churros.

Ide preparando as vosas cartas!