Os ratiños de Lonxedetodo volven ás nosas bibliotecas para contarlle e cantarlle unha morea de contos á cativada

11/17/2022

Despois de que descansaran uns meses, os ratiños de Lonxedetodo volven ás nosas bibliotecas para traer unha morea de historias aos máis novos da casa. E veñen cun obxectivo moi claro: introducilos no fascinante mundo da lectura dunha forma moi divertida porque se encargarán de contarlle e cantarlle os seus contos favoritos. Para iso estarán no noso municipio dúas veces no mes e sempre comezarán o espectáculo ás 18:00 horas. Estas son as datas:

  • 28 de novembro: “Rato canguro” na Axencia de Lectura de Baio
  • 29 de novembro: “Rato canguro” na Biblioteca Municipal de Zas
  • 12 de decembro: “Viaxe a Sudamérica” na Axencia de Lectura de Baio
  • 13 de decembro: “Viaxe a Sudamérica” na Biblioteca Municipal de Zas
  • 23 de xaneiro: “Un invento para chegar ao ceo” na Axencia de Lectura de Baio
  • 24 de xaneiro: “Un invento para chegar ao ceo” na Biblioteca Municipal de Zas
  • 13 de febreiro: “Unhas botas misteriosas” na Axencia de Lectura de Baio
  • 14 de febreiro: “Unhas botas misteriosas” na Biblioteca Municipal de Zas
  • 20 de marzo: “Animais do bosque” na Axencia de Lectura de Baio
  • 21 de marzo: “Animais do bosque” na Biblioteca Municipal de Zas
  • 24 de abril: “Unha praia particular” na Axencia de Lectura de Baio
  • 25 de abril: “Unha praia particular” na Biblioteca Municipal de Zas
  • 29 de maio: “Viaxe a Brasil” na Axencia de Lectura de Baio
  • 30 de maio: “Viaxe a Brasil” na Biblioteca Municipal de Zas

Esta é unha actividade gratuíta e que está organizada polo Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, en colaboración coa compañía Trinke Trinke Teatro.