A programación cultural deste verán organizada polo Concello de Zas traénos este sábado unha actividade para toda a familia e que encherá de música un dos lugares máis emblemáticos do noso municipio.
OÎMA, o grupo musical formado por Antía Ameixeiras, Olalla Liñares e Martiño Senande, ofrécenos este sábado, día 30 de xullo, na Ponte de Brandomil a partir das 21:30 horas un dos seus últimos concertos xa que o trío vén de anunciar nas redes sociais a súa despedida que será no mes de outubro.
Ao concerto deste sábado traerannos a súa música instrumental na que se misturan pezas propias con outras recollidas en Galicia e noutros lugares de todo o mundo. Todas son óptimas para o baile.
O concerto é de balde.