O entroido chega con música, desfiles, actividades infantís,… e o tradicional concurso de disfraces no que repartiremos 1.750€

01/31/2023

 

O entroido xa está aquí e para celebralo como se merece, o Concello de Zas deseñou un programa de actividades que arranca o sábado 18 de febreiro e remata o martes de entroido co tradicional concurso de disfraces no que repartiremos 1.750€ en premios. Esto é todo o que temos preparado:

  • Sábado, 18 de febreiro 

– 17:30 horas: Desfile de entroido polas rúas de Baio con animación musical a cargo do colectivo “Máis Cantos”

-18:30 horas: Espectáculo de música e danza “Trad Cabaré de Entroido”, festa musical e inchables. Todo na Praza Jorge Mira Pérez

  • Domingo, 19 de febreiro 

-12:00 horas: Ademáis de ser domingo de entroido celebramos o día de Baio, así que as rúas da vila estarán animadas polo grupo “Bulideiras” que nos traerán unha música moi típica destas datas

  • Luns, 20 de febreiro

-12:00 horas: Animación infantil “Os nosos instrumentos: barullo” con Nelson Quinteiro no Centro Sociocultural de Zas

  • Martes, 21 de febreiro

-12:00 horas: Animación infantil “Sombras chinescas de entroido” con Olga de Abad no Centro Soiocultural de Baio

-16:30 horas: Festa de entroido no pavillón municipal de Zas; con inchables, filloas á pedra e o espectáculo musical de clown “Backstage”

-19:00 horas: Concurso de disfraces no pavillón municipal de Zas presentado por Adela Bértolo, de “Vaia troula!” E no que repartiremos 1.750€ en premios que se distribuirán da seguinte maneira: 

  • Categoría A (de 0 a 5 anos)

– 1º premio: 150€

– 2º premio: 75€

-3º premio: 50€

  • Categoría B (de 6 a 14 anos)

– 1º premio: 150€

– 2º premio: 75€

-3º premio: 50€

  • Categoría C (maiores de 15 anos)

– 1º premio: 250€

– 2º premio: 150€

-3º premio: 100€

  • Grupos e comparsas

– 1º premio: 300€

– 2º premio: 200€

3º premio: 100€

  • Premio especial “Zaschoqueiro”: 100€ (no que se valorará a peculiaridade e a orixinalidade do disfraz que debe ser artesanal)

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias municipiais ou o propio día do certame antes das 18:00 horas no pavillón de Zas.