O Concello de Zas pon en marcha o programa Madrugadores

09/03/2024

Por segundo ano, o Concello de Zas – coa colaboración das ANPAs – pon en marcha o programa de Madrugadores para o curso académico 2024-2025 co se pretende facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza. Este é un servizo dirixido ao alumnado do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas para que as familias teñan a opción de que os seus fillos/as entren no centro antes do inicio das clases. O servizo préstarase – sempre e cando haxa unnúmero mínimo de usuarios/as – desde o vindeiro 11 de setembro, coincidindo co inicio das clases, até final de curso.

Este é un servizo que se ofrece os días lectivos en horario de 07:30 a 09:30 horas, sendo as 09:00 horas a última hora de entrada. Tamén cabe a posibilidade de almorzar durante este tempo e, neste caso, terán que levar o almorzo da casa ao igual que o fan coa merenda do recreo. Os nenos e nenas serán atendidos por persoal cualificado que estará financiado polo Concello de Zas.

O servizo de Madrugadores pódese usar de forma continuada (o curso completo); temporal (por meses ou semanas); ou de xeito ocasional (un ou varios días concretos). Para as familias, este servizo ten un custo de 20€ ao mes e aplicaranse reducións para o 2º fillo/a e seguintes para as familias monoparentais. 

Inscricións

Ao igual que no curso anterior, para a posta en marcha do programa Madrugadores será necesario que haxa un mínimo de usuarios.

No caso do CPI de Zas, as familias que desexen facer uso deste servizo deberán poñerse en contacto co Concello de Zas (981 70 83 03). 

Mentras que as familias do CEIP Labarta Pose deberán comunicalo no enderezo electrónico anpalabartapose@gmail.com ou a través do número de Whatsapp 697 505 999.