O Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda dúas entradas para a XXXVII Festa da Carballeira

07/28/2022

 

Dende hoxe e ata o vindeiro 12 de agosto ás 14:00 horas pódense retirar no Rexistro do Concello de Zas (situado na Casa do Concello) as dúas entradas para a XXXVII Festa da Carballeira que o Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda do noso municipio con familias empadroadas e coas que se accederán de forma gratuíta durante todo o día do sábado 13 de agosto.

Desta forma, dende o Goberno Municipal queremos que todos os veciños e veciñas gozen dunha das festas máis emblemáticas do noso municipio e que hoxe en día é Festa de Interese Turística Galega grazas á colaboración da veciñanza que fixo que medrara ano tras ano.

Ademais, froito do convenio de colaboración entre a Asociación Cultural Castro Meda (organizadora da Festa da Carballeira) e o Concello de Zas, todas as persoas menores de 14 anos e maiores de 60 non pagan entrada para calquera dos dous días do festival.

Tanto para retirar as entradas como para acceder ao recinto será necesario presentar o Documento Nacional de Identidade, DNI.