Dende hoxe e ata as 14:00 horas do 11 de agosto, xa se poden recoller nas oficinas do Concello de Zas as dúas entradas nominativas para a 38ª Festa da Carballeira que o Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda do municipio con familias empadroadas no noso municipio e coas que accederán de forma gratuíta durante todo o día do sábado 12 de agosto.
Desta forma, dende o Goberno Municipal queremos que todos os veciños e veciñas gozen dunha das festas máis emblemáticas do noso municipio que ao longo dos anos foi gañando importancia ata declararse Festa de Interese Turística Galega.
Ademais, todas as persoas menores de 14 anos e maiores de 60 non pagan entrada para o festival e as actividades do sábado 12 de agosto.
Para acceder ao recinto será necesario presentar o Documento Nacional de Identidade.