O Concello de Zas pídelle á veciñanza que non marque os sitios para a Festa da Carballeira de Baio ata o 21 de xuño á tarde

06/10/2022

 

O próximo 21 de xuño, as alumnas e alumnas do CEIP Labarta Pose despedirán o curso académico 2021-2022 cunha xornada de xogos na Carballeira de Baio. Por este motivo, dende o Concello de Zas pedimos a colaboración de toda a veciñanza para que agarde ata ese día á tarde para reservar os sitios nos que desfrutarán en familia e entre amigos da Festa da Carballeira que se celebra o domingo 26 de xuño.

Como vén sendo habitual, as familias marcan os seus sitios días antes da festa con cintas ou cordeis que supoñen un perigo para os nenos e nenas ademais de entorpecer a súa xornada de xogos. Polo que se hai sitios xa reservados, rogamos que se retiren as marcas.

Tal e como sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, a Carballeira é un espazo público aberto a toda a veciñanza polo recorda que é moi importante que se respecte a xornada de ocio da que desfrutarán os nosos nenos e nenas evitando calquera tipo de perigo.