O próximo 18 de maio ás 10:00 horas terá lugar no Auditorio de Baio unha charla informativa sobre a factura da luz dirixida a toda a veciñanza que teña contratada a súa tarfia eléctrica coa empresa Naturgy.
Na sesión – que durará aproximadamente dúas horas – explicarase como interpretar as facturas, exemplos e casos prácticos de aforro enerxético no fogar e darase información sobre o bono social (quen pode solicitalo, como,…).
Para asistir é necesario anotarse previamente a través do número de teléfono 981 70 83 03 e é imprescindible levar as últimas facturas da luz. Esta é unha actividade organizada polo Concello de Zas, a través da área de Servizos Sociais.