O Concello de Zas leva aos seus escolares a pista de xeo natural instalada en Vimianzo

12/19/2022

O goberno municipal de Zas quere que todos os nenos e nenas do noso municipio gozen da maxia do Nadal. Así que ademáis de deseñar un programa específico para estas festas no que moitas das actividades se realizarán nos propios centros educativos, o Concello de Zas levou ao alumnado a pista de xeo natural instalada en Vimianzo.

As visitas realizaronse en horario escolar e por quendas. O xoves viaxaron os alumnos e alumnas do CPI de Zas; o venres foron os do CEIP Labarta Pose de Baio e hoxe luns foi a quenda dos do IES Maximino Romero de Lema. 

En total foron case 250 alumnos e alumnas de diferentes idades os que participaron nestas excursións.