O Concello de Zas instala colectores de aceite doméstico usado en todas as parroquias

06/01/2022

 

O Concello de Zas comezou onte a instalación dos colectores de recollida de aceite doméstico usado que se colocarán estratexicamente en diferentes puntos do noso municipio. En total instalaránse na vía pública vinte colectores específicos para este fin e que poderán ser usados pola veciñanza co fin de reducir a nosa pegada ambiental e evitar así a contaminación dos nosos solos e das nosas augas. Estas son as localizacións:

  • Baio (na estrada a Fornelos, na zona do edificio Praza e fronte ao Centro de Saúde)
  • Zas (fronte a Electrodomésticos Rivero e na zona da Igrexa)
  • Lamas (colectores situados ao lado da casa nº 4)
  • O Allo (fronte ao Bar As Torres)
  • San Cremenzo (zona da Escola Unitaria)
  • Gándara 
  • Carreira (zona Igrexa)
  • Mira (zona Escola Unitaria)
  • San Adrián de Castro (zona Tabares)
  • San Martiño (campo da festa)
  • Meanos (parque infantil)
  • Muíño (detrás da Igrexa)
  • Brandoñas (praza)
  • Brandomil (estrada AC-441)
  • Roma (antes da Igrexa)
  • Loroño (zona da Igrexa)
  • Vilar (parada de autobús)

Unha vez usado, as familias deberán recoller o aceite de uso doméstico en botellas de plástico reutilizadas e estas depositaranse debidamente pechadas no interior do colector. O Concello de Zas tamén ofrece un servizo de recollida gratuíto nos diferentes locais de hostalería do noso municipio.