O Concello de Zas edita un folleto informativo sobre Enrique Labarta Pose

06/28/2022

 

Continuando coas diferentes accións para reivindicar o Día das Letras para Enrique Labarta Pose, o Concello de Zas vén de editar un folleto informativo sobre a vida e obra do escritor baiés no que se inclúe tamén toda a información sobre o Roteiro Literario de Labarta incluído recentemente no “Proxecto Roteiros” do Consello da Cultura Galega.

Coincidindo co comezo da campaña de vacacións, os folletos informativos xa se distrubuiron por algúns dos puntos de interese turística de referencia na Costa da Morte así como nos locais hotaleiros da zona.

O Roteiro Literario de Labarta Pose discorre polos diferentes concellos que forman a Costa da Morte e nel están localizados 21 escenarios biográficos e literarios relacionados con Enrique Labarta Pose. O percorrido comeza no Centro Sociocultural de Baio, onde se atopa exposto de forma permanente parte do seu legado, e que se pode visitar de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. O roteiro continúa pola súa casa natal, a igrexa vella, o monte Castelo e dende aquí parte cara os municipios de vimianzo, Camariñas, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Corcubión, Carballo e Muxía. O itinerario, pensado para percorrer en coche, tamén se pode consultar a través da seguinte ligazón: http://roteiros.culturagalega.gal/roteiros/ficha/42

Con estes folletos informativos o Concello de Zas pretende dar a coñecer a figura e a obra de Enrique Labarta Pose entre os turistas que se acheguen á Costa da Morte.