O Concello de Zas destina á mellora da rede viaria e de saneamento máis de 510.000€ do POS+ Adicional

10/04/2022

 

O Concello de Zas recibirá da segunda fase do POS+ Adicional 2/2022 outorgado pola Deputación da Coruña un total de 513.478,77€ que, tal e como sinalou hoxe o Tenente de Alcalde, Óscar Lema, se destinarán á mellora da rede viaria e do saneamento do noso municipio. 

No Pleno Ordinario da Corporación Municipal celebrado esta mañá aprobaronse por unanimidade os distintos proxectos contemplados en dito plan. A esta cantidade outorgada polo ente provincial hai que sumarlle outros 201,98€ que afrontará o Concello de Zas. 

Estas son as actuacións previstas:

Estas son as actuacións previstas:

OBRAIMPORTE
Mellora de diferentes estradas de titularidade municipal nas parroquias de San Adrián, Meanos e Muíño*

*Incluída na 1ª fase do POS+ Adicional

370.859,74€
Adecuación do borde da estrada DP-9304 entre o núcleo urbano de Zas e o núcleo rural de Ventoselo122.639,72€
Mellora da pavimentación na Praza da Taberna de Zas88.896,80€
Rehabilitación da cuberta do edificio de Protección Civil 70.447,47€
Mellora da rede de saneamento en Rial de Abaixo58.605,79€
Mellora da rede viaria en Vilaestevez, Carreira e Quintáns30.471,94
TOTAL513.478,77€