O Concello de Zas denuncia o roubo de 350 metros de cable da rede de alumeado pública

11/15/2023

O Concello de Zas vén de denunciar o roubo de 350 metros de cable da rede de alumeando pública no lugar de Lamas que, como consecuencia, deixou sen luz exterior esta zona.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinala que xa se está traballando para restablecer o alumeado público o antes posible así como para reparar todos os danos causado. O rexedor, que se  achegou onte ata a zona para observar os desperfectos, lamenta estes feitos e pídelle a veciñanza a súa colaboración para intentar identificar as persoas autoras deste acto vandálico.