Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro, o Concello de Zas, a través do Centro de Información á Muller – CIM -, vén de deseñar un programa de actividades para concienciar á veciñanza sobre esta problemática fadendo un especial fincapé na poboación máis nova; polo que a maior parte das actividades se desenvolverán nos tres centros de ensino do noso municipio
Estas son as actividades:
- 13 de novembro: “A noite”, contacontos Infantil de Trinke Trinke Teatro na Axencia de Lectura de Baio (18:00 horas). Dirixido ao público infantil e familiar
- 14 de novembro: “A noite”, contacontos Infantil de Trinke Trinke Teatro na Biblioteca Municipal de Zas (18:00 horas). Dirixido ao público infantil e familiar
- 17 de novembro: Obradoiro de “Stop Motion”, IES Maximino Romero de Lema
- 23 de novembro: “Caravana morada na escola”, CPI de Zas
- 24 de novembro: “Caravana morada na escola”, CEIP Labarta Pose
- 25 de novembro: “Golpes”, de A Antena Teatro. As 20:30 horas no Auditorio de Baio. Dirixido ao público adulto
- 30 de novembro: “Caravana morada na escola”, IES Maximino Romero de Lema
- 2 de decembro: “Testosterona”, de Malasombra Teatro as 20:30 horas no Auditorio de Zas. Dirixida ao público adulto
- 13 de decembro: Obradoiro de “Violencia de xénero no novo contexto dixital”, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Labarta Pose
- A psicóloga do CIM do Concello de Zas impartirá un obradoiro sobre o “Autocoidado e relaxación para reducir a ansiedade” dirixido ao público adulto. Para participar é necesario anotarse no 981 70 83 03
“Este programa con actividades diversas ten como obxectivo promover a igualdade así como prever e detectar calquera tipo de violencia de xénero”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.