O Concello de Zas colabora co SERGAS financiando o 50% da reforma que se está a realizar no Centro de Saúde de Zas

04/14/2023

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, visitou esta mañá o Centro de Saúde de Zas para comprobar o inicio das obras de reforma do edificio que comezaron esta mesma semana.

As actuacións contemplan a sustitución global da cuberta, que actualmente presenta un estado de deterioro, así como a reforma das fachadas do Centro de Saúde de Zas. As obras iniciáronse unha vez recibida a autorización por parte do Servizo Galego de Saúde – SERGAS -, propietaria e responsable do edificio e está previsto que se prolonguen durante as vindeiras semanas.

Unha vez rematados os traballos veráse cumplida unha antiga petición do equipo de goberno municipal de Zas que lle reclamou ao SERGAS en varias ocasións a inmediata rehabilitación do edificio ante o seu deterioro. O Concello de Zas colabora co SERGAS na realización destes traballos financiando cos seus propios fondos o 50% do importe da obra e encargándose tanto da redacción do proxecto como da contratación da obra.