A Corporación Municipal do Concello de Zas aprobou esta mañá o orzamento para o 2022, o maior da súa historia, nun Pleno Extraordinario que comezou cun minuto de silencio en sinal de repulsa polas agresións machistas.
O equipo de Goberno do BNG, encabezado por Manuel Muíño Espasandín, contará para este 2022 con 5.353.880,06€. “A situación derivada da COVID19 fixo que estivéramos dous anos cuns orzamentos subrrogados e hoxe presentamos aquí un presuposto expansivo para o presente ano que se pode sacar adiante grazas ao bo estado económico das arcas municipiais”, manifestou o Alcalde de Zas. No orzamento para o 2022 contémplanse actuacións importantes para a veciñanza tales como as reformas nos Centros de Saúde de Zas e de Baio así como a ampliación da Escola Infantil. Coincide que calquera destes tres edificios públicos son de titularidade da Xunta de Galicia e que “se mellorarán con fondos municipais coa axuda da Xunta cando o normal é que fose ao revés”, sinalou Muíño. As políticas sociais tamén ocupan un lugar destacado nestes orzamentos e o Concello de Zas destinará máis de 876.000 euros ao Servizo de Axuda no Fogar.
Nos orzamentos para o 2022 hai un lixeiro descenso no gasto de persoal, correspondente ao capítulo 1, e que representa o 18,7% do presuposto. Ao capítulo 2, relativo aos gastos correntes de bens e servizos, destínanse 3.002.868,40€, que supón algo máis do 56% dos orzamentos. Nesta partida contémplanse gastos derivados da xestión do lixo, o alumeado público, o mantemento das instalacións públicas, entre outros.
Cabe destacar tamén o capítulo 6, relativo aos investimentos reais, que representa o 22,30% dos orzamentos e que se traduce en 1.194.035,00€. A esta cifra haberá que sumarlle 1.392.443€ que proveñen de proxectos do ano anterior que, nalgúns casos, están sen executar así como os 513.647,80€ procedentes do POS da Deputación da Coruña. Con estas cifras, o capítulo de inversións reais suma 2.586.478€ e representa o 48% dos orzamentos para o 2022. Estas son algunhas das principais obras que se contemplan no orzamento do 2022:
- Reforma do Centro de Saúde de Zas (48.464,13€)
- Reforma do Centro de Saúde de Baio (131.723,02€)
- Reforma da Escola Infantil de Zas (96.800€)
- MCR regos asfálticos en Meanos, Muíño e Brandomil (131.087,04€)
- MCR regos asfálticos en Gándara, Loroño e Vilar (128.154,97€)
- MCR mezcla bituminos en Baio e Vilar (32.497,32€)
- MCR mezcla bituminosa en San Cremenzo e Fornelos (60.828,03€)
- MCR con zahorra en diferentes viais municipais de Fornelos (42.090,09€)
No seguinte cadro detállanse os principais eixos do orzamento de gastos e ingresos para o 2022:
ESTADO DE GASTOS
Capítulo | Denominación | Orzamento 2019 | Orzamento 2022 | ||
Importe | % | Importe | % | ||
A. Operacións non financieiras | 4.175.518,10 | 99,76 % | 5.343.603,28 | 99,81% | |
A.1 | Operacións correntes | 3.108.673,08 | 74,27% | 4.149.845,06 | 77,51% |
1 | Gastos de persoal | 898.865,29 | 21,48% | 1.005.118,69 | 18,77% |
2 | G. corr en bs e serv | 2.109.794,76 | 50,41% | 3.002.868,40 | 56,09% |
3 | G. financieiros | 3.000,00 | 0,07% | 3.000,00 | 0,06% |
4 | Transf. Corr | 97.013,03 | 2,32% | 138.857,97 | 2,59% |
A.2 | Operacións de capital | 1.066.845,02 | 25,49% | 1.194.035,00 | 22,30% |
6 | Inversión reais | 1.066.845,02 | 25,49% | 1.194.035,00 +1.392.443 ** | 22,30% |
7 | Transf. De capital | 0,00 | 0,00% | 0,00 | 0,00% |
B. Operacións financieiras | 10.000,00 | 0,24% | 10.000,00 | 0,19% | |
8 | Activos financieiros | 10.000,00 | 0,24% | 10.000,00 | 0,19% |
9 | Pasivos financieros | 0,00 | 0,00% | 0,00 | 0,00% |
TOTAL | 4.185.518,10 | 100% | 5.353.880,06 | 100% |
** Proxectos para incorporar ano anterior e 5136478 do POS adicional. Total 2586478€ que supón o 48% do orzamento para o 2022
*O orzamento incrementarase en 1.392.443€, tanto no apartado de ingresos coma de gastos
ESTADO DE INGRESOS
Capítulo | Denominación | Orzamento 2018 | Orzamento 2022 | ||
Importe | % | Importe | % | ||
A. Operacións non financieiras | 4.175.518,10 | 99,76% | 5.343.603,28 | 99,81% | |
A.1 | Operacións correntes | 3.716.737,96 | 88,80% | 4.810.231,75 | 89,85% |
1 | Impostos directos | 960.478,66 | 22,95% | 1.077.110,38 | 20,12% |
2 | Impostos indirectos | 430.000,00 | 10,27% | 940.698,33 | 17,57% |
3 | Taxas, pr públ e outros | 303.446,19 | 7,25 % | 438.147,57 | 8,18% |
4 | Transf. Corr | 1.972.813,11 | 47,13% | 2.304.275,47 | 43,04% |
5 | Ingresos patrimoniais | 50.000,00 | 1,19% | 50.000,00 | 0,93% |
A.2 | Operacións de capital | 458.780,14 | 10,96% | 533.648,31 | 9,96% |
6 | Enaxenac. inversión | 0,00 | 0,00% | 0,00 | 0,00% |
7 | Transf. De capital | 458.780,14 | 10,96% | 533.648,31 | 9,96% |
B. Operacións financieiras | 10.000,00 | 10.000,00 | 10.000,00 | 0,19% | |
8 | Activos financieiros | 10.000,00 | 0,24% | 10.000,00 | 0,19% |
9 | Pasivos financieros | 0,00 | 0,00% | 0,00 | 0,00% |
TOTAL | 4.185.518,10 | 100% | 5.353.880,06 | 100% |