Dende hoxe e ata o vindeiro 22 de novembro, as familias empadroadas no noso municipio poderán solicitar as axudas incluídas nas Bolsa de Estudos 2023-2024 que concede o Concello de Zas.
Para tal fin, destinaranse 29.100€ dos fondos municipais que se repartirán en 180 bolsas, cuxo importe vai dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen e dunha serie de baremos; tales como a situación económica familias, o número de membros que integren a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a.
Esta é unha iniciativa impulsada polo equipo de goberno do BNG de Zas e que se realiza dende hai máis de dez anos coa finalidade de colaborar coas familias que máis o necesiten para afrontar os gastos derivados do curso escolar e, desta forma, facer efectivo o principio de igualdade no dereito a educación.
As bases da convocatoria poden consultarse na Sede Electrónica do Concello de Zas, a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231108093027764.html. Entre os requisitos para acceder a estas axudas figuran que a unidade familiar debe de estar empadroada no Concello de Zas e que as persoas beneficiarias deberán estar matriculadas no presente curso escolar nas seguintes etapas e niveis educativos:
- Ensinanza Primaria
- ESO, FP Básica, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores)
- Universidade (agás Masters e Estudos de Posgrao)
Presentación das solicitudes
As solicitudes poderán presentarse dende hoxe ata o 22 de novembro (ambos incluídos) e tramitaranse preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello de Zas ou no Rexistro Xeral do Concello de Zas.
Na seguinte ligazón poden consultarse as bases completas da convocatoria: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20231108093027764.html