A UTE Muller Dixital impartirá no Concello de Zas unha formación en competencias dixitais dirixida a mulleres desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego ou que dispoñan da tarxeta de mellora de emprego. En total impartiranse tres cursos diferentes todos eles gratuítos e dunha duración de 40 horas. Todas as participantes que completen a formación recibirán unha tablet de agasallo.
As actividades que se ofertan son:
- Curso de Competencias Dixitais básicas (40 horas)
- Curso de Competencias Dixitais avanzadas (40 horas)
- Curso de iniciación ás Competencias Dixitais básicas para o emprendemento (40 horas)
As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través da Axencia de Emprego do Concello de Zas (981 70 83 03) ou en Muller Dixital (881 82 03 45). O prazo de inscrición remata o próximo 21 de outubro, día no que terá lugar a presentación destas actividades formativas nun acto que se celebrará ás 12:00 horas no Centro Sociocultural de Zas.
Esta é unha actividade incluída dentro do programa “Muller Rural 2022-2023” e financiado pola Unión Europea no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.