Un equipo da Subdelegación do Goberno ofrecerá o próximo 1 de febreiro as 11:30 horas no Centro Sociocultural de Baio unha charla informativa sobre o Plan de Achegamento da Administración á Cidadanía.
Durante a sesión, á que pode asistir todas aquelas persoas interesadas, analizarase dunha forma práctica as posibilidades e as ferramentas que proporciona a Administración electrónica.
Os asistentes que o precisen poderán obter in situ o seu correspondente certificado electrónico expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Para iso é necesario anotarse previamente a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas no 981 70 83 03.