O Comité organizador dos actos do Centenario do Seminario de Estudos Galego, dependente do Museo do Pobo Galego, escolliu Baio para a organización dunha acto no que se honrará a Francisco Romero Lema, veciño da vila e un dos fundadores do Seminario de Estudos Galego.
O acto, que está aberto ao púlbico, terá lugar ao longo da mañá do próximo sábado no Auditorio de Baio e xa pola tarde (a partir das 16:30 horas) realizarse un roteiro literario-artística pola parroquia baiesa visitando os lugares de referencia da familia Romero Lema. Este é o programa:
- 10:30 horas: Acto inaugural das xornadas no que intervirán o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; e Xosé Mª Lema, en calidade de representante do Padroado do Museo do Pobo Galego para o Centenario do S.E.G. en Baio
- 10:35 horas: Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego, falará sobre o Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923
- 11:00 horas: Conferencia de Xosé Mª Rei Lema sobre a “Vida e obra de Ramón Francisco Romero Lema. A fundación do S.E.G. segundo a súa versión”
- 12:00 horas: Café
- 12:30 horas: Mesa redonda sobre a familia Romero Lema de Baio na que intervirán Xosé Luis Axeitos, académico numerario da Real Academia Galega; Braulio Pérez Astray, director adxunto da Fundación Universidade da Coruña; e Xosé Mª Lema, historiador e académico correspondente da Real Academia Galega. A mesa estará moderada por Jorge Mira Pérez, presidente da Comisión Enrique Labarta para as Letras Galegas
- 13:30 horas: Inauguración dunha vitrina na que se mostrarán as obras publicadas por Francisco Romero Lema
- 14:00 horas: Clausura das xornadas
- 16:30 horas: Ruta literario-artística pola parroquia de Baio
Esta é unha actividade organizada polo Museo do Pobo Galego, a Comisión Pro Día das Letras Galegas Labarta Pose e o Concello de Zas.