O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a Tenente de Alcalde, Natalia Espasandín; e a Concelleira de Educación, Pilar Garcia; recibiron o pasado venres nas Torres do Allo ao alumnado procedente do collège Villebois-Mareuil de Montaigu, de Francia, que participa nun intercambio cos alumnos e alumnas do IES Maximino Romero Lema e do CPI de Zas.
Durante a súa visita as Torres do Allo, os estudantes puideron coñecer o pazo máis antigo de Galicia e descubrir unha parte da súa historia. O Alcalde aproveitou a ocasión para entregarlles un pequeno agasallo institucional a cada un deles xunto co calendario para este 2025 adicado a Enrique Labarta Pose.
Durante a súa estancia, que foi do 30 de marzo ao 5 de abril, os 25 alumnos e alumnas do colexio francés tiveron a oportunidade de coñecer algúns lugares máis emblematicos do noso municipio e da comarca. A finais deste mes devolveránlles a vista os alumnos a alumnas do CPI de Zas e do IES Maximino Romero Lema que participan nesta experiencia.