Xa están abertas as inscricións para participar nas distintas propostas incluídas no Programa de Actividades 2024/2025 deseñado polo Concello de Zas e que, ao igual que nos últimos anos, está cargado de actividades culturais, dixitais e deportivas para os distintos grupos de idade.
Dentro das actividades deportivas hai propostas específicas para o público adulto e tamén para o público infantil. Zumba e aeróbic, ximnasia terapéutica, ximnasia de mantemento e ioga e pilates son as dirixidas para as persoas adultas. Mentras que a rapazada poderá elixir entre as escolas de fútbol municipais, a escola do RCDeportivo, taekwondo, multideporte, patinaxe, ximansia rítimica, danza urbana, baloncesto e judo.
No programa de actividades tamén se inclúen actividades culturais encamiñadas a fomentar as relacións sociais e a creatividade entre as que están os obradoiros de memoria, os talleres de enxerto e poda, cociña, bordado e ganchillo, entre outras. Este ano, como novidade, impartirse os xoves de 19:30 a 21:00 horas un taller de regulación emocional dirixido ao público adulto.
En canto ás actividades dixitais, a rapazada poderá facer un curso de robótica e gaming e para as persoas maiores ofértanse cursos de manexo do mobil en dous niveis; básico e avanzado.
Ademáis no pograma inclúense unha serie de actividades dirixidas a todos públicos entre as que se atopan tiro con arco, tenis de mesa, escola de teatro, escola de música moderna e xadrez que se imparten coa colaboración das diferentes asociacións do nosos municipio.
Inscricións
Para participar en calquera das actividades será necesario anotarse previamente ano Concello de Zas (981 708 303),, no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) entregando a ficha de inscrición que se facilita en calquera destes tres puntos. A actividade pagarase unha vez confirmada a praza. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Zas, aínda que a veciñanza doutros municipios será admitida sempre e cando se dispoñan de prazas vacantes.
Tanto o horario de cada unha das actividades coma o prezo das mesmas pódese consultar no tríptico que anexamos e que estará a disposición da veciñanza nos diferentes edificios municipais.
O prazo de inscrición remata o 3 de outubro.