O 24 de febreiro preséntase a “Antoloxía” Poética de Enrique Labarta Pose

02/15/2024

O sábado 24 de febreiro, ás 13:00 horas, terá lugar no Auditorio de Baio a presentación da “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose, editada por Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela e publicada pola Editorial Galaxia en colaboración co Concello de Zas.

No acto intervirán os propios editores da obra xunto co Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o director de Producción da Editorial Galaxia, Xesús Domínguez Dono.

Na “Antoloxía Poética” de Labarta Pose, publicada dentro da colección Letras Galegas Clásicos, recóllense corenta poemas en lingua galega publicados tanto en libro como en prensa e moitos deles acadaron premio en diferentes certames literarios da época.