O 1 de outubro ponse en marcha o programa de actividades 2022/2023 con propostas deportivas e culturais para toda a veciñanza

09/18/2022

O próximo 1 de outubro ponse en marcha o Programa de Actividades 2022/2023 organizado polo Concello de Zas e que se desenvolverá durante os próximos oito meses. En total son 26 actividades actividades culturais, deportivas e dixitais para todos os gustos e para todas as idades. 

Co fin de promover a actividade física e o deporte, o Concello de Zas ofrece opcións actividades tanto para persoas adultas como para a rapazada. Para as persoas adultas haberá durante os próximos meses clases de zumba, ximnasia de mantemento, ximnasia terapeútica e pilates e ioga que se impartirán en Zas e en Baio. Mentras que a rapazada poderá escoller entre patinaxe, multideporte, escolas de fútbol, balonmán, judo, tenis de mesa, taekwondo, atletismo e tiro con arco (que tamén se ofrece para adultos).

No programa tamén se ofrecen diferentes actividades culturais entre as que están a escola de teatro para adultos e a infantil e outras actividades coas que se fomenta a creatividade tales como manualidades, bordado e ganchillo e cesteiría, entre outras. E como novidade, realizaremos cursos de restauración de mobles, arreglos florais e enxerto e poda. Tampouco faltarán os obradoiros de memoria, dirixidos a persoas maiores de 65 anos, nin outros clásicos como as clases de xadrez e cociña.

As persoas adultas tamén poderán ampliar os seus coñecementos dixitais cos cursos de manexo de móbil (nivel básico e avanzado). E como vén sendo habitual, as persoas que o desexen – independentemente da súa idade – tamén poder anotarse na escola de música na que se impartirán clases de acordeón, canto, guitarra, percusión,…

Tanto o horario de cada unha das actividades coma o prezo das mesmas pódese consultar no tríptico que anexamos e que estará a disposición da veciñanza nos diferentes edificios municipais. 

Inscricións

As persoas interesadas en anotarse en calquera destas actividades, poden facelo ata o 30 de setembro cubrindo previamente unha ficha de inscrición que está dispoñible na Casa do Concello de Zas.