Novas
Entregados os premios do XV Concurso de Marcapáxinas organizado polo Concello de Zas
Os traballos gañadores empregaranse na Biblioteca Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañado de cada libro que se preste
As motos antigas volven a concentrarse o 28 de xullo para percorrer a Costa da Morte
Poderán participar todas aquelas motos de máis de 35 anos
Mañá ábrese o prazo para anotarse nas actividades de verán dirixidas á rapazada
Ademais de campus de fútbol, haberá catro quendas de campamentos nas Torres do Allo dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
Catro andainas para descubrir o noso concello a pé
Cada un dos percorridos é duns 12 km e poden participar de forma gratuíta todos os públicos
As merendas, a música e unha sardiñada volven á Festa da Carballeira de Baio
A cita é o día 30 de xuño, o último domingo de mes
Ponse en marcha a 39ª edición da Festa da Carballeira
A noite do venres estará marcada pola actuación de Amparanoia, Maneiro, xunto co rap galego de Rebeliom do Inframundo
O sábado veremos sobre o escenario para os máis pequenos Gramola Gominola, a sesión vermú virá da man de Guadi Galego, referente da música galega, animando a tarde Fanfarria Taquikardia e a tradicional gran Foliada. De Ninghures pechará a tarde
Chegada a noite, será a quenda da banda alemá The O´Reillys & Paddyhats co seu folk punk irlandés, Os do Fondo da Barra, Mondra e Storrentos
Este sábado á tarde dispútase a IX Carreira Pedestre do Concello de Zas
Os percorridos das diferentes probas discorren polas parroquias de Zas, Loroño, Vilar e Lamas polo que haberá cortes de tráfico puntuais nalgunhas estradas
A finais de xuño sae á rúa “O poeta da terra”; o primeiro libro infantil sobre Enrique Labarta Pose
Esta é unha nova acción do Concello de Zas para poñer en valor a figura de Labarta
A Antoloxía Poética de Enrique Labarta Pose chega á Real Academia Galega e cada membro numerario terá un exemplar do libro
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, mantivo esta mañá un encontro co Presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, para darlle a coñecer as últimas actividades organizadas ao redor do autor