Novas
O Concello de Zas inicia a licitación de distintas obras de mellora que suman máis de 700.000€
Estes traballos súmanse ao plan de conservación das estradas e infraestruturas municipais
O Concello de Zas organiza a I Xornada Canina da Costa da Morte cunha exhibición e cun concurso local que reunirá a amantes e criadores de cans
O evento, que se inclúe dentro das actividades organizadas polo Concello no marco da campaña comercial do Punto Rojo, terá lugar na praza Jorge Mira Pérez o 25 de agosto en horario de mañá
Aínda se poden retirar as entradas para a 39ª Festa da Carballeira que o Concello de Zas pon a disposición da veciñanza
A cada vivenda do noso municipio con familias empadroadas en Zas outorgaráselle dúas entradas
Os menores de 14 anos e os maiores de 60 anos accederán de forma gratuíta ao festival durante todo o día do sábado 10 de agosto
Baio preparase para o “Punto Rojo” que trae 1.400€ en premios, descontos, pinchos, animación e unha xornada canina
Celebrarase os días 23, 24 e 25 de agosto e participarán case a totalidade dos establecementos comerciais e hostaleiros da vila
Achégase unha potente Semana Cultural
Do 5 ao 10 de agosto, o noso municipio será un dos referentes culturais e musicais
O Concello de Zas felicita as cantareiras e a poesía popular oral por que se lle adique o Día das Letras Galegas 2025 e ofrece a súa colaboración á RAG
O equipo de Goberno de Zas, liderado por Manuel Muíño, seguirá poñendo en marcha máis iniciativas para difundir a vida e obra de Enrique Labarta Pose e conseguir que sexa o autor homenaxeado no 2026
Este sábado arranca “Verán en Zas”; un completo programa de ocio e tempo libre con actividades para toda a veciñanza
Música, teatro, deporte, contos, visitas guiadas… son algunhas das propostas que temos preparadas para os meses de xullo, agosto e setembro en distintas localizacións do noso municipio
Comezan os campamentos de verán nas Torres do Allo cunha nova marca de participantes
Realizaranse 4 quendas de 15 días cada unha nas que participarán uns 250 nenos e nenas de 3 a 12 anos
As piscinas municipais de Zas e Baio abren este domingo as súas portas
As persoas interesadas en facer uso das instalacións durante a campaña de verán xa poden facer o seu carné no Rexistro do Concello de Zas