Mañá péchase o prazo para inscribirse na IX Carreira Pedestre do Concello de Zas que se disputa o vindeiro sábado

05/27/2024

Mañá, 28 de maio, ás 23:59 horas péchase o prazo para inscribirse na IX Carreira Pedestre do Concello de Zas que se disputa este sabádo pola tarde. 

Estes son os horarios das diferentes categorías da proba, que está incluída na 10ª edición do Circuito Correndo pola Costa da Morte no que participan dez municipios da zona:

• 16:30 horas: Sub 10

• 16:45 horas: Sub 12

• 17:30 horas: Absoluta 3K Contra o Cancro

• 17:32 horas: Sub 14-16-18

• 18:15 horas: 10K Sénior, M40 e M50

  • 19:30 horas: Pitufos

O punto de saída e de chegada de todas as probas estará ubicado na praza do Concello de Zas. Aquí será tamén a entrega dos trofeos que se realizará ao remate de cada unha das probas. Os circuitos discorrerán por diferentes parroquias do noso municipi pasando por algúns dos lugares máis emblemáticos combinando tramos de pista de terra e outros de asfalto.

Inscricións

As inscricións en cada unha das probas pode realizarse a través da páxina web www.correndopolacostadamorte.com. O prazo remata o mañá 28 de maio ás 23:59 horas e o custe é de 8€ + 1€ de aluguer de chip. A inscrición para as categorías base é gratuíta.