Máis de 300 persoas formalizaron a súa inscrición para participar na xornada “Co liño e cos tempos” que se celebra este sábado, día 21, a partir das 17:30 horas no xardín do pazo das Torres do Allo. Este é un evento organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Zas e a asociación “Amigos do Liño”.
Entre os asistentes contaremos con veciños e veciñas de diferentes localidades de toda a comunidade galega e tamén asistirán representantes de distintas entidades e asociacións. Este é o programa:
- 17:00 – 17:30 horas: Recepción de participantes
- 17:30 – 17:45 horas: Acto de inauguración do evento presentado por Jorge Mira Pérez
- 17:45 – 18:45 horas: Relatorios:
- Fiando o liño e a identidade da Costa da Morte. Rosa María Sánchez, profesional do Desenvolvemento Local
- Sostibilidade e futuro: tecidos con liño. Manuel Escourido Calvo, coordinador e docente do grao de Xestión Insdustrial da Moda da Universidade da Coruña
- 18:45 – 19:15 horas: Desfile con prendas de liño
- 19:15 – 19:30 horas: Parodia teatral de Teté Teatro de Salto
- 19:30 – 20:00 horas: Clausura
- 20:00 – 21:00 horas: Degustación inspirada na viandas dos fiadeiros amenizada por un grupo musical