Con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á escritora, poeta e traductora Xela Arias, o Concello de Zas – a través da Concellería de Cultura e das Bibliotecas Municipais – vén de poñer en marcha o programa “Maio, mes das letras”. As actividades, dixiridas principalmente aos máis novos da casa, esténdense ao longo de todo o mes e levaranse a cabo en diferentes ubicacións.
Unha das actividades que marca o inicio desta programación é o XII Concurso de Marcapáxinas co que nos sumamos aos actos de homenaxe a Xela Arias. Neste certame poderán participar as alumnas e alumnos dos centros escolares do Concello de Zas sendo o Día das Letras Galegas o tema obrigatorio. Haberá tres categorías: ata os 5 anos; de 1º a 5º de Primaria e de 6º de Primaria a 4º da E.S.O. Outorgaranse dous premios por categoría dotados cun lote de libros cada un e terase en conta a calidade dos deseños, a imaxinación e a orixinalidade. Os traballos poden enviarse ata día o 19 de maio. Os marcapáxinas premiados utilizaranse tanto na Biblioteca Pública Municipal de Zas e coma na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste até o Día das Letras do ano 2022. As bases completas poden consultarse na páxina web do Concello de Zas.
Estas son as demáis actividades do programa “Maio, mes das letras”:
- 4 de maio: Contacontos e obradoiro de ilustración “Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola lingua” con Polo Correo do Vento. Centro Sociocultural de Baio. 18:00 horas
- 11 de maio: Trinke Trinke Teatro tráenos ao Centro Sociocultural de Zas (18:00 horas) un contacontos teatral que leva por título “Festa da poesía das catro estacións”
- 13 de maio: O Centro Sociocultural de Baio acolle ás 18:00 horas o contacontos infantil “Senlleiras”, de Pedro Brandariz
- 18 de maio: De novo recibimos a visita de Trinke Trinke Teatro e desta vez será ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Baio co seu contacontos “Festa da poesía das catro estacións”
- 20 de maio: Pedro Brandariz volve ao Centro Sociocultural de Zas (18:00 horas) co seu espectáculo infantil “Senlleiras”
- 21 de maio: Candido Pazó representará “Memorias dun neno labrego” no Centro Sociocultural de Baio. Esta é unha función dirixida ao alumnado do IES Maximino Romero que terá lugar ás 12:30 horas
- 25 de maio: Polo Correo do Vento volve ao Centro Sociocultural de Zas (ás 18:00 horas) co seu espectáculo “Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola lingua”
Reservas
Coma sempre, todas as actividades son de balde e o aforo está limitado polo que para asistir é necesario facer unha reserva previa no número de teléfono 981 751 398 (de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas).
E lembra que o uso da máscara é obrigatorio en todos os espectáculos!