SUSPENDIDA Jorge Mira guía unha nova observación astronómica dende o Dolmen da Arca da Piosa

08/23/2022

[Actualizado 26/08/2022 -14:30horas] As previsións meteorolóxicas obrígannos a suspender a observación astronómica prevista para esta noite dende o Dolmen da Arca da Piosa.

Como vén sendo habitual no verán, o Concello de Zas organiza unha observación astronómica dirixida a toda a familia e que se inclúe no programa de actividades municipal. 

A cita é este venres, 26 de agosto, e o lugar elixido é o Dolmen da Arca da Piosa; lugar no que Eduardo Pondal situou a tumba do guerreiro Brandomil. O punto de encontro é Santa Sía de Roma ás 22:00 horas. Dende aquí haberá que camiñar uns dous quilómetros ata chegar ao Dolmen da Arca da Piosa e unha vez aquí, Jorge Mira guiará a observación astronómica dando todo tipo de detalles. 

Para participar é necesario inscribirse previamente en calquera destes números de teléfono: 981 71 80 56 / 981 75 13 98 ou tamén a través do seguinte formulario: https://bit.ly/ObservacionZas

Recoméndase levar calzado axeitado, roupa de abrigo, lanterna e esterilla.