Gargallada Teatro gaña a V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

05/31/2022

O Auditorio de Baio acolleu o pasado domingo o acto de entrega da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose co que se pechaba este certame organizado polo Concello de Zas. No acto estiveron presentes o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e membros do grupo de teatro Badius que formaron parte do xurado da presente edición.

E despois de moita intriga, por fin chegou a hora de coñecer os resultados que quedaron así:

▪ Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro

▪ Premio á segunda mellor obra elixida polo xudado (800€, trofeo e diploma acreditativo): “Cásting”, de Hipocrita Teatro

▪ Premio á terceira mellor obra elixida polo xudado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Sobre o mal que me fai o tabaco”, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada

▪ Premio á cuarta mellor obra elixida polo xudado (500€, trofeo e diploma acreditativo): “Crime desorganizado”, da Agrupación Teatral Mariñán

▪ Premio á quinta mellor obra elixida polo xudado (400€, trofeo e diploma acreditativo): “Olimpo´s”, de Farandoleiras Cabaré

▪ Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Gonzalo Valcárcel, pola súa interpretación de Iván Ivanovich na obra “Sobre o mal que fai o tabaco”, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada

▪ Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Natalia Fernández, pola súa interpretación de Úrsula Cimarrón na obra Cásting, de Hipócrita Teatro▪ Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro