Inicio » Festas e feiras » Festas

FESTAS E FEIRAS

Festas

  • Festa da Carballeira de Baio: A parroquia de Baio, pertencente ao municipio de Zas, celebrará o último Domingo de xuño a tradicional Festa da Carballeira cunha gran romaría popular na que todos os asistentes poderán desfrutar dun día cheo de actuacións musicais.
  • Rapa das Bestas de Carreira: A tradicional Rapa das Bestas de Carreira terá lugar en A Pedragueira nomunicipio de Zas, o primeiro domingo de xullo. Os combatentes serán os encargados de reunir os cabalos para despois cortarlles as crins.
  • San Cristovo: Os veciñoos da parroquia de Baio, no municipio de Zas, ademáis dos actos relixiosos que celebran cada ano na honra de San Cristovo, coa oración de misas e procesión, tamén llevarán a cabo diversos actos lúdicos que se sucederán coa sesión vermú e as verbenas que terán lugar durante a noite para animar ao baile e á festa a todos os veciños e visitantes. Destaca o engalanado de coches en honor ao santo.
  • O Carme: Os días 15, 16 e 17 de xullo o municipio de Zas celebrará as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme. Durante as tres xornadas festivas os asistentes poderán desfrutar dos actos relixiosos así como das actuacións musicais das orquestras do momento.
  • Santiago Apóstolo e Santísimo Sacramento: Festas relixiosas que se celebran na parroquia de Loroño, pertencente ao municipio de Zas, con misas na honra de Santiago Apóstolo e ao Santísimo Sacramento e pola noite grandes verbenas coas actuacións de orquestras do momento.
  • Romaría de Santa Margarida: A romaría de Santa Margarida celébrase no lugar de Muiño e goza de gran tradición na comarca. Os actos relixiosos, a música a cargo de charangas e bandas de música e a tradicional merenda campestre completarán a axenda dos dous días de festa. Festivo local o 26 de xullo.
  • Festa da Carballeira: Celebrarase na Carballeira de Vilar, no municipio de Zas, a primeira fin de semana do mes de Agosto e contará coa presenza de coñecidas agrupacións de música tradicional e folclórica, chegadas desde distintos puntos da geografía española e do estranxeiro.
  • Romaría de San Roque do Monte: Durante o cuarto sábado de agosto celebrarase na parroquia de Mira, municipio de Zas, a Romaría de San Roque del Monte. Os asistentes á citada romaría poderán desfrutar dos actos relixiosos así como das actuacións musicais a cargo das orquestras do momento. Caracterízase por unha multitudinaria merenda campestre.
  • Patronais de Baio: A parroquia de Baio, municipio de Zas, celebrará os días 6, 7 e 8 de setembro a súa festa patronal na honra da Virxe do Carme, San Antonio, San Roque e Santa María. Os asistentes a estas tres xornadas festivas poderán desfrutar cos actos relixiosos e as variadas actuacións musicais.
  • Santa Cecilia: O lugar de Rus na parroquia de Roma, municipio de Zas, celebrará o próximo 16 e 17 de novembro a súa festa na honra de San Antonio e Santa Cecilia. Os asistentes a estas dúas xornadas festivas poderán participar nos tradicionais actos relixiosos e desfrutar coas variadas actuacións musicais a cargo de orquestas do momento.

Ao longo do ano podremos desfrutar de outras moitas festividades que se celebran en cada unha das parroquias do noso municipio.