Inicio »
FESTAS E FEIRAS
Feiras
A mañá do terceiro domingo de todos os meses podemos acudir á feira mensual que se celebra na localidade de Baio. Nela podemos atoparnos con con multitude de chiringuitos onde nos ofrecen todo tipo de artigos.
Así mesmo, tamén o podemos facer o primeiro martes de mes, aínda que nesta ocasión nos atoparemos con menos variedade de produtos.
Na localidade de Zas, o primeiro luns de mes, ten lugar o seu habitual mercadiño mensual.
Ademáis destes mercadiños mensuais, a localidade de Baio, nos meses de xuño e setembro celebra a súa Feira de Ocasión de Coches, a cal atrae gran afluencia de público e conta cunha gran oferta de vehículos.