Este sábado arranca “Verán en Zas”; un completo programa de ocio e tempo libre con actividades para toda a veciñanza

07/03/2024

 

Este sábado arranca “Verán en Zas”;  un completo programa de ocio e tempo libre deseñado polo Concello de Zas, a través do seus departamentos de Turismo, Cultura e Deportes, no que haberá actividades para toda a veciñanza e en distintas localización do noso municipio. 

Detallámolas todas a continuación:

Campamentos e outras actividades infantís

  • Festa Infantil: Este sábado, 6 de xullo, arranca a programación do verán coa Festa Infantil que celebraremos no campo de fútbol e na piscina municipal de Zas. Será de 16:00 a 20:00 horas e a entrada é de balde
  • DéporCampus: do 29 de zullo ao 2 de agosto temos unha nova edición do DéporCampus Cabreiroá dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Máis info e inscricións: deporcampus.rcdeportivo.esç
  • Excursión ao Aquapark de Cerceda: o 19 de agosto viaxaremos ata Cerceda para pasar unha divertida xornada no Aquapark. Esta excursión está dirixida aos nenos e nenas nacidos entre o 2006 e o 2015 e ten un custe de 10€

Visitas guiadas e teatralizadas

  • Brandomil: Todos os sábados do mes de xullo e os venres do mes de agosto realizaremos unha visita guiada pola ponte vella de Brandomil, a calzada e o xacemento romano. O punto de encontro é ás 11:30 horas na ponte vella. Son gratuítas e é recomendable anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056
  • Torres do Allo: Os domingos de xullo, agosto e o 4 e 11 de setembro teremos ás 19:30 horas unha visita teatralizada nas Torres do Allo con Os Quinquilláns

Deportes

  • Andainas “Zas a pé”:  os días 29 de xuño, 13 e 20 de xullo e 3 de agosto percorreremos distintos puntos do noso municipio a pé. Máis info e inscricións no Centro Sociocultural de Zas ou no de Baio
  • Día da bici: o 21 de xullo realizaremos un paseo en bici polo noso concello. Sairemos ás 10:30 horas da Praza do Concello e remataremos cunha pequena merenda. É necesario anotarse previamente
  • Cursos de natación para todas as idades nas piscinas municipais de Zas e de Baio
  • Trail Nocturno Cova do Lobo: o sábado 17 de agosto chegará unha nova edición do Trail Nocturno Cova do Lobo con diferentes categorías (trail nocturno, pequetrail e andaina nocturna). Máis info e inscricións en www.empa-t.com
  • XXXIII Trofeo de Fútbol Concello de Zas que se celebrará no Campo Municipal San Andrés de Zas

Teatro

  • Clausura da Escola Municipal de Teatro de Adultos: O venres 19 de xullo ás 21:30 horas o Auditorio de Baio acolle a clausura da Escola Municipal de Teatro de Adultos coa representación da obra “Cargar co morto”

Música, contos e circo

  • Música nas Torres. O venres 12 de xullo o dúo Mallou ofreceranos un concerto para o público familiar nas Torres do Allo. Será ás 20:00 horas
  • Concerto na Ponte: Ao sábado seguinte, o día 20, o grupo Comando Curuxás actúa a partir das 22:00 horas na Ponte de Brandomil. Público xeral e familiar
  • Circo N+1 Teatro: O 2 de agosto levaremos a Fornelos o espectáculo “Circanelo”. Será ás 20:00 horas e está dirixido ao público xeral e familiar
  • Contos nas Torres: Vero Rilo traenos o 3 de agosto os seus contos ás Torres do Allo. 20.00 horas

Máis actividades

  • Exposción fotográfica “Zas na ollada dos Vidal”: de domingo a luns no pazo das Torres do Allo
  • Concentración de motos clásicas. Tras uns anos de paréntese, volve a concentración de Motos Clásicas cun encontro que se celebrará o 28 de xullo
  • Exhibición de Marcos Mariño na Ponte de Brandomil os días 2, 3 e 4 de agosto
  • Scape Room “Estar no Allo” nas Torres do Allo. De luns á sábado, ás 16:00 horas. Actividade de balde dirixida ao público adulto
  • Con motivo da 39ª Festa da Carballeira de Zas celebraremos do 4 ao 9 de agosto unha intensa Semana Cultural con moitas actividades para todos e todas
  • Mercado de San Ramón: Pechamos a programación do verán co tradicional mercado de San Ramón que se celebra o 31 de agosto nas Torres do Allo. Contaremos cun mercado de artesanía, obradoiros, sesión vermú con Alana Folk e un concerto infantil da man de Pakolas

Para participar nalgunhas destas actividades é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398)  ou no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056), en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.