Este sábado á tarde dispútase a IX Carreira Pedestre do Concello de Zas

05/31/2024

Mañá sábado celebramos a IX Carreira Pedestre do Concello de Zas; unha das citas deportivas máis relevantes do noso municipio e na que está previsto que participen uns 500 corredores de toda a comarca.

A praza do Concello será o punto central deste evento xa que este é o punto de saída e de chegada das diferentes probas e aquí tamén será a entrega de trofeos que se realizará ao remate de cada unha das probas. Os percorridos das diferentes categorías discorren polas parroquias de Zas, Loroño, Vilar e Lamas e neles combínanse tramos de terra e de asfalto. Para o desenvolvemento da carreira varias estradas estarán puntualmente pechadas ao tráfico polo que dende o Concello de Zas agradecemos a colaboración de todos e todas solicitamos que se atenda sempre as indicacións da Policía Local e de Protección Civil. Estas son as rúas afectadas:

  • Rúa Progreso, no tramo que vai entre a Praza do Concello e o cruce con Rúa Nogueiras
  • Cortes puntuais na Rúa Nogueira e nas estradas de Zas a San Adrián de Castro, de Zas a Baizana, Artón, Andregalla e Rueiro de Abaixo

Horarios

Ás 15:00 horas ábrese a mesa para a recollida de dorsais, que estará instalada na praza do Concello, e a partir das 16:30 horas comezarán as diferentes probas. Estes son os horarios de saída:

  • 16:30 horas: Sub 10
  • 16:45 horas: Sub 12
  • 17:30 horas: 3K Contra o Cancro
  • 17:32 horas: Sub 14-16-18
  • 18:15 horas: 10K
  • 19:30 horas: pitufos

A IX Carreira Pedestre do Concello de Zas está incluída na 10ª edición do Circuito Correndo pola Costa da Morte na que participan dez municipios da zona. Rocío Alvite é a madriña da presente edición deste circuito.